lunes, 30 de marzo de 2020

Só apto para poetas e poetisas.

- Vouvos a propoñer un reto...Enviádeme os vosos caligramas!

- Caligrama??? Que palabra máis rara.

- Pois un caligrama é un poema feito debuxo, mira qué fácil. Déixovos uns exemplos a continuación:




















Animádevos e enviade os vosos 
caligramas ao correo de estericardotobio@gmail.com e subiremos todas as obras que nos vaiades enviando. Espero as vosas obras con moitísimas ganas.
                     
Mans á obra!

Proposta para esta semana...

Esta semana faremos un último repaso tanto dos temas 5 e 6 de Ciencias Sociais, como do tema 5 de Ciencias da Natureza. Para iso envío uns documentos aos que podemos acceder pinchando aquí.

Con respeto ás Matemáticas seguimos facendo o mesmo traballo, xa que aínda non faltan algunhas cousiñas por acabar.

Moitas gracias e moito ánimo!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Reto de educación fIsica!

O día 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano, máis que nunca, pensamos que a práctica da actividade física cobra un papel importante para poder manter unha mente positiva nesta situación que nos tocou vivir. Por esta razón, propoñemos o seguinte retotanto para alumnado, como para familias e profesorado
Fai actividade física na casa (en solitario ou en compañía).
Saca unha foto e mándaa ao enderezo de correo electrónico
Podes acompañala dunha mensaxe positiva para compartir co resto do cole.
Todas as fotos recibidas subiranse ao blog:
Animádevos!!

Importante!

Na columna da dereita hai un apartado de "enlaces de interese" nos que están subidas as tarefas de música, inglés, educación física, relixión e actividades de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe.

Fai click sobre o que queiras facer e adiante!

Para traballar na casa...

Á hora de traballar nas nosas casas é importante ter en conta unha serie de pautas:
  • O lugar de traballo debe ser tranquilo e con boa iluminación.
  • É moi importante manter unha rutina de traballo diaria e comezar, sempre que sexa posible, todos os días á mesma hora as tarefas escolares. Recomendamos que se realicen pola mañá, como se estivésemos no colexio.
  • Diferencia a semana do fin de semana.
  • Traballa en periodos entre 30 e 45 minutos, facendo pequenos descansos de 10 minutos entre cada periodo.
  • Asegúrate de ter todo o material a man antes de empezar a realizar as tarefas.
  • Le atentamente as actividades e intenta resolvelas como farías nun día calquera de clase. Se tes algunha dúbida podes pedir axuda pero, se segues sen entender a actividade, pasa á seguinte.
  • Recorda que debemos ser limpos e ordenados cando escribimos.
  • Ao rematar as actividades, debemos revisalas por se se nos pasou algunha cousa.

Encendemos motores!

Estimadas familias e alumnado de 4º do CEIP Ricardo Tobío,

Como ben sabedes, prorrogouse a suspensión de actividades lectivas e debemos buscar alternativas para continuar co proceso de enseñanza e aprendizaxe.

Este blog pretende ser a plataforma principal na que se transmitan as propostas de actividades para o alumnado de 4º curso (cabe mencionar que estas actividades teñen carácter voluntario e non avaliable, aunque se recomenda a súa realización). 

Un saúdo e gracias pola colaboración!

Vacacións

Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán!  Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...