Un saúdo!
Mostrando entradas con la etiqueta RECOMENDACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECOMENDACIÓNS. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de junio de 2020
lunes, 15 de junio de 2020
Últimos días de curso
Como ben sabedes, xa está rematando o curso escolar e xa estaredes cansos de tanto traballo (sobre todo co esforzo extra do último trimestre). Quería darvos a noraboa pola vosa disposición e polo gran traballo que fixestes.
Esta semana despediremos o curso a través dunha carta dirixida a todos os nosos compañeiros e compañeiras. Esta carta ten carácter voluntario e non se vai a avaliar. Para facela, propóñovos as seguintes preguntas para que as utilicedes a modo de guía:
- Como te sentiches durante todo o curso? Podes definilo con dous adxectivos?
- Para ti cales foron as novidades máis importantes deste curso?
- Que vivencias destacarías cos teus compañeiros e compañeiras?
- Hai algún momento do curso que foi especial para ti?
- Crees que este curso che aportou cousas positivas?
- Que botarás de menos durante o verán? E durante o próximo curso?
- Gustaríache dicirlle algo ós teus compañeiros e compañeiras a modo de despedida do curso escolar?
Por suposto, non tedes por que limitarvos a contestar estas preguntas e podedes ser creativos. A través do seguinte enlace, accederedes a unhas plantillas para escribir a carta, pero podedes deseñar unha que vos guste máis. Por último, podedes acompañar a carta con debuxos dos mellores momentos do curso.
A data límite desta proposta é este venres. Estou desexando velas!
jueves, 21 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020. AS NOSAS PALABRAS E EXPRESIÓNS
Con motivo da celebración das Letras Galegas, pediuselle ao alumnado do centro que nos enviasen as súas palabras ou expresións preferidas en lingua galega, a poder ser, que se empreguen na zona. Con todas elas elaboramos un pequeno vídeo que agardamos que vos guste.
Máis información no blog da biblioteca "Mestre Agrelo"
lunes, 18 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS
Como ben sabedes, o día 17 de maio celébrase o día das letras. Este ano está dedicado a Ricardo Carballo Calero.
Por ese motivo propoño algunhas actividades online por se queredes coñecer máis sobre este autor:
miércoles, 13 de mayo de 2020
ACTIVIDADES NA WEB SOBRE AS LETRAS GALEGAS

Para coñecer mellor ao autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas, deixámosvos varias presentacións interactivas. A primeira delas está máis pensada para Educación Primaria e as outras dúas para a etapa de Infantil, pero podedes probalas todas, xa que son bastante divertidas e seguro aprendedes moitas cousas que non sabiades.
Entra na blog da Biblioteca para saber máis!
AMOR POLAS PALABRAS. UNHA PROPOSTA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
O vindeiro 17 de maio celébrarase o Día das Letras galegas. Este ano renderáselle homenaxe a Ricardo Carballo Calero quen foi un grande escritor e filólogo.
Os equipos de Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística tamén queremos homenaxear a quen denfendeu a riqueza da lingua galega.
O Blog da biblioteca "Mestre Agrelo" proponnos unha fantástica actividade para celebrar o día das Letras Galegas. Anímate participa!
Os equipos de Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística tamén queremos homenaxear a quen denfendeu a riqueza da lingua galega.
O Blog da biblioteca "Mestre Agrelo" proponnos unha fantástica actividade para celebrar o día das Letras Galegas. Anímate participa!
(fai click na imaxe)
lunes, 11 de mayo de 2020
REINTERPRETAR OBRAS DE ARTE
O Blog da Biblioteca "Mestre Agrelo" ofrécenos unha actividade moi divertida para celebrar o Día dos Museos, o 18 de maio.
Anímate!
lunes, 27 de abril de 2020
Cápsula do tempo

Xa que estamos a vivir un momento histórico, que vos parece si facemos unha cápsula do tempo? É moi sinxelo, só temos que acceder ao arquivo e completalo. Deste xeito, dentro duns anos, poderemos recordar todo o que fixemos nestas semanas.
MOITO QUE CONTAR...
Gran idea por parte da Biblioteca "Mestre Agrelo"! Para saber máis, entrade no seu Blog.
Boas, neste tempo de confinamento estivemos pensando en diferentes propostas relacionadas coa lectura e coa escritura nas que poidades participar desde as vosas casas.
Valoramos diferentes actividades, pero non acababamos de decidirnos, ata que fai uns días, unha das nenas integrantes do equipo de biblioteca nos fixo chegar unha suxerencia.
Dicíanos que como este ano non podemos realizar a convocatoria de contos “Mestre Agrelo” que se fai no cole todos os anos, podiamos pedir que os nenos e nenas que se animen escriban igual os seus contos, os envíen, e os publiquemos no blog para que os demais os poidan ler e comentar.
A idea pareceunos fantástica. Así que ahí van as indicacións para participar nesta proposta.
-Escribir un conto breve tendo en conta a estrutura deste tipo de texto.
-O conto estará escrito en galego e pode incluír ilustracións.
-Podedes escribilo a man ou a ordenador e envialo a través dun documento de word, pdf, presentación de power point ou incluso con unha fotografía do texto que escribades.
-Se vos animades a ler o voso conto e gravarvos podedes envialo en formato vídeo.
-O alumnado de educación infantil tamén pode participar. Se é preciso a familia pode encargarse de escribir a historia que creen os nenos/as.
-A data límite é o luns 18 de Maio. Tedes tempo, pero non o deixedes para o último día!!
-O correo electrónico de contacto é bibliomestreagrelo@gmail.com
lunes, 20 de abril de 2020
E TI...POR QUE LES?
Dende o Blog da Biblioteca "Mestre Agrelo" propóñenos a seguinte actividade:
O 23 de Abril celébrase o día do Libro. Para conmemorar esta data pensamos nalgunha actividade sinxeliña na que poidades participar desde as vosas casas.
Probablemente, nesta época de confinamento, os libros son bos aliados porque nos axudan a evadirnos da realidade na que nos atopamos e grazas a eles podemos viaxar sen movernos da casa. Pero son moitos os motivos que nos poden levar a abrir un libro. Por iso pensamos en lanzarvos a pregunta: E ti, por que les?
Para participar nesta proposta só tedes que enviarnos unha foto lendo no voso recuncho preferido ou co libro que máis vos gusta ao correo da biblio: bibliomestreagrelo@gmail.com. No texto da mensaxe deberedes escribir un ou varios dos motivos polos que ledes.
Animádesvos? Agardamos con ansia as vosas mensaxes!
miércoles, 25 de marzo de 2020
Reto de educación fIsica!
O día 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano, máis que nunca, pensamos que a práctica da actividade física cobra un papel importante para poder manter unha mente positiva nesta situación que nos tocou vivir. Por esta razón, propoñemos o seguinte reto, tanto para alumnado, como para familias e profesorado:
Fai actividade física na casa (en solitario ou en compañía).
Saca unha foto e mándaa ao enderezo de correo electrónico
Podes acompañala dunha mensaxe positiva para compartir co resto do cole.
Todas as fotos recibidas subiranse ao blog:
Animádevos!!
Para traballar na casa...
Á hora de traballar nas nosas casas é importante ter en conta unha serie de pautas:
- O lugar de traballo debe ser tranquilo e con boa iluminación.
- É moi importante manter unha rutina de traballo diaria e comezar, sempre que sexa posible, todos os días á mesma hora as tarefas escolares. Recomendamos que se realicen pola mañá, como se estivésemos no colexio.
- Diferencia a semana do fin de semana.
- Traballa en periodos entre 30 e 45 minutos, facendo pequenos descansos de 10 minutos entre cada periodo.
- Asegúrate de ter todo o material a man antes de empezar a realizar as tarefas.
- Le atentamente as actividades e intenta resolvelas como farías nun día calquera de clase. Se tes algunha dúbida podes pedir axuda pero, se segues sen entender a actividade, pasa á seguinte.
- Recorda que debemos ser limpos e ordenados cando escribimos.
- Ao rematar as actividades, debemos revisalas por se se nos pasou algunha cousa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Vacacións
Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán! Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...
-
Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán! Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...
-
O día 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Este ano, máis que nunca, pensamos que a práctica da actividade física cobra un papel ...





