lunes, 27 de abril de 2020

MOITO QUE CONTAR...

Gran idea por parte da Biblioteca "Mestre Agrelo"! Para saber máis, entrade no seu Blog.
Boas, neste tempo de confinamento estivemos pensando en diferentes propostas relacionadas coa lectura e coa escritura nas que poidades participar desde as vosas casas.
Valoramos diferentes actividades, pero non acababamos de decidirnos, ata que fai uns días, unha das nenas integrantes do equipo de biblioteca nos fixo chegar unha suxerencia.
Dicíanos que como este ano non podemos realizar a convocatoria de contos “Mestre Agrelo” que se fai no cole todos os anos, podiamos pedir que os nenos e nenas que se animen escriban igual os seus contos, os envíen, e os publiquemos no blog para que os demais os poidan ler e comentar.
A idea pareceunos fantástica. Así que ahí van as indicacións para participar nesta proposta.
-Escribir un conto breve tendo en conta a estrutura deste tipo de texto.
-O conto estará escrito en galego e pode incluír ilustracións.
-Podedes escribilo a man ou a ordenador e envialo a través dun documento de word, pdf, presentación de power point ou incluso con unha fotografía do texto que escribades.
-Se vos animades a ler o voso conto e gravarvos podedes envialo en formato vídeo.
-O alumnado de educación infantil tamén pode participar. Se é preciso a familia pode encargarse de escribir a historia que creen os nenos/as.
-A data límite é o luns 18 de Maio. Tedes tempo, pero non o deixedes para o último día!!
-O correo electrónico de contacto é bibliomestreagrelo@gmail.com

Vacacións

Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán!  Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...