O 23 de Abril celébrase o día do Libro. Para conmemorar esta data pensamos nalgunha actividade sinxeliña na que poidades participar desde as vosas casas.
Probablemente, nesta época de confinamento, os libros son bos aliados porque nos axudan a evadirnos da realidade na que nos atopamos e grazas a eles podemos viaxar sen movernos da casa. Pero son moitos os motivos que nos poden levar a abrir un libro. Por iso pensamos en lanzarvos a pregunta: E ti, por que les?
Para participar nesta proposta só tedes que enviarnos unha foto lendo no voso recuncho preferido ou co libro que máis vos gusta ao correo da biblio: bibliomestreagrelo@gmail.com. No texto da mensaxe deberedes escribir un ou varios dos motivos polos que ledes.
Animádesvos? Agardamos con ansia as vosas mensaxes!