Como ben sabedes, xa está rematando o curso escolar e xa estaredes cansos de tanto traballo (sobre todo co esforzo extra do último trimestre). Quería darvos a noraboa pola vosa disposición e polo gran traballo que fixestes.
Esta semana despediremos o curso a través dunha carta dirixida a todos os nosos compañeiros e compañeiras. Esta carta ten carácter voluntario e non se vai a avaliar. Para facela, propóñovos as seguintes preguntas para que as utilicedes a modo de guía:
- Como te sentiches durante todo o curso? Podes definilo con dous adxectivos?
- Para ti cales foron as novidades máis importantes deste curso?
- Que vivencias destacarías cos teus compañeiros e compañeiras?
- Hai algún momento do curso que foi especial para ti?
- Crees que este curso che aportou cousas positivas?
- Que botarás de menos durante o verán? E durante o próximo curso?
- Gustaríache dicirlle algo ós teus compañeiros e compañeiras a modo de despedida do curso escolar?
Por suposto, non tedes por que limitarvos a contestar estas preguntas e podedes ser creativos. A través do seguinte enlace, accederedes a unhas plantillas para escribir a carta, pero podedes deseñar unha que vos guste máis. Por último, podedes acompañar a carta con debuxos dos mellores momentos do curso.
A data límite desta proposta é este venres. Estou desexando velas!