martes, 23 de junio de 2020

Vacacións

Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán! 


Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Estou moi contento de haber compartido este curso con todos vos e espero que teñades un fantástico verán. Ata sempre!

viernes, 19 de junio de 2020

Recomendacións para o verán.


Estimadas familias:

Na seguinte publicación propoño unha serie de recomendacións para traballar no verán.

Un saúdo!

lunes, 15 de junio de 2020

Últimos días de curso

Como ben sabedes, xa está rematando o curso escolar e xa estaredes cansos de tanto traballo (sobre todo co esforzo extra do último trimestre). Quería darvos a noraboa pola vosa disposición e polo gran traballo que fixestes.

Esta semana despediremos o curso a través dunha carta dirixida a todos os nosos compañeiros e compañeiras. Esta carta ten carácter voluntario e non se vai a avaliar. Para facela, propóñovos as seguintes preguntas para que as utilicedes a modo de guía:

  • Como te sentiches durante todo o curso? Podes definilo con dous adxectivos?
  • Para ti cales foron as novidades máis importantes deste curso?
  • Que vivencias destacarías cos teus compañeiros e compañeiras?
  • Hai algún momento do curso que foi especial para ti?
  • Crees que este curso che aportou cousas positivas?
  • Que botarás de menos durante o verán? E durante o próximo curso?
  • Gustaríache dicirlle algo ós teus compañeiros e compañeiras a modo de despedida do curso escolar?
Por suposto, non tedes por que limitarvos a contestar estas preguntas e podedes ser creativos. A través do seguinte enlace, accederedes a unhas plantillas para escribir a carta, pero podedes deseñar unha que vos guste máis. Por último, podedes acompañar a carta con debuxos dos mellores momentos do curso.

A data límite desta proposta é este venres. Estou desexando velas!

lunes, 8 de junio de 2020

Matemáticas

Terminamos la semana comprando en la tienda de la esquina, que me entró algo de hambre. Abrimos el libro en la página 99 y haremos las actividades 1, 2, 3, 4, 5, 6.


Lengua

Unámonos a la aventura espacial de Kurchoc, en busca de alienígenas...o de terrícolas? Descúbrelo aquí.


Lingua galega

Para que poidamos ver o noso programa favorito na televisión, necesítase moitísimo traballo por parte dun enorme equipo de traballadores. Coñeces o papel de cada un? Descubrámolo co seguinte texto. Luces, cámara...acción!


Naturais

Vamos co repaso de ciencias da natureza! Abrimos o libro nas páxinas 74-75 e facemos os exercicios 3, 5 e 6. Coma en todos os traballos que fixemos ata o momento, podes buscar calquera información que necesites nos temas traballados durante o curso.


Sociais

Esta semana repasaremos co libro. Abrímolo na páxina 64-65 e faremos o último apartado do exercicio 1, o número 3 e o 4. Recorda que toda as respostas están nos temas que xa traballamos. Comezamos!

                  


lunes, 1 de junio de 2020

Residuos cero

Estos días imos a ler e a reflexionar sobre o seguinte texto...

Naturais

Orixe animal, orixe vexetal, orixe mineral, as propiedades da materia...Cantas cousas! Repasemos o tema 5 porque eu non me acordo de nada!


Sociais

Qué bonita paisaxe! Repasaremos o tema 4 con esta ficha. Ollo! Necesitaredes o libro para facer algunha actividade.

Vacacións

Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán!  Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...