DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS.
EDUCACIÓN PRIMARIA.
Unha vez recibidas instrucións definitivas por parte da Consellería de Educación para o desenvolvemento do terceiro trimestre nos centros educativos, procedemos a informar ás familias do seguintes puntos:
- O traballo do terceiro trimestre estará enfocado principalmente ao repaso, reforzo e recuperación dos contidos e competencias traballadas antes da suspensión das clases presenciais.
- Este traballo será adaptado polo profesorado en función do curso e área, tendo en conta a situación de cada alumno/a, procurando que as tarefas non sexan excesivas.
- O profesorado poderá incluír materia nova sempre que se considere imprescindible para favorecer o progreso na aprendizaxe e o desenvolvemento das competencias clave, e servirá para mellorar a cualificación obtida nas dúas primeiras avaliacións.
- O traballo feito no terceiro trimestre será avaliado polo equipo docente a través de probas ou instrumentos de valoración que se estimen procedentes.
- O profesorado dispón da primeira quincena de maio para adaptar as súas programacións. Unha vez revisadas e adaptadas serán publicadas polo centro a través da súa páxina web para información de toda a comunidade educativa.
- É importante e necesario que todos os traballos que pida o profesorado nesta última fase do curso sexan enviados por parte do alumnado, para poder seguir co proceso educativo dun xeito axeitado, dentro da excepcionalidade da situación que estamos a vivir.
- Pedimos colaboración e responsabilidade ás familias con respecto ás tarefas dos seus fillos e fillas. Calquera dificultade para poder realizar tarefas ou envialas ao profesorado correspondente deberá ser comunicada na dirección do centro a través dos canles establecidos para iso.
- As familias velarán porque o alumnado estea en contacto continuo co centro, e estarán pendentes, coa maior frecuencia posible, das ferramentas e plataformas que estamos utilizando para o envío de de tarefas (Abalar, páxina web, blogs das distintas materias, Aula Virtual, etc...)