Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán!
martes, 23 de junio de 2020
viernes, 19 de junio de 2020
lunes, 15 de junio de 2020
Últimos días de curso
Como ben sabedes, xa está rematando o curso escolar e xa estaredes cansos de tanto traballo (sobre todo co esforzo extra do último trimestre). Quería darvos a noraboa pola vosa disposición e polo gran traballo que fixestes.
Esta semana despediremos o curso a través dunha carta dirixida a todos os nosos compañeiros e compañeiras. Esta carta ten carácter voluntario e non se vai a avaliar. Para facela, propóñovos as seguintes preguntas para que as utilicedes a modo de guía:
- Como te sentiches durante todo o curso? Podes definilo con dous adxectivos?
- Para ti cales foron as novidades máis importantes deste curso?
- Que vivencias destacarías cos teus compañeiros e compañeiras?
- Hai algún momento do curso que foi especial para ti?
- Crees que este curso che aportou cousas positivas?
- Que botarás de menos durante o verán? E durante o próximo curso?
- Gustaríache dicirlle algo ós teus compañeiros e compañeiras a modo de despedida do curso escolar?
Por suposto, non tedes por que limitarvos a contestar estas preguntas e podedes ser creativos. A través do seguinte enlace, accederedes a unhas plantillas para escribir a carta, pero podedes deseñar unha que vos guste máis. Por último, podedes acompañar a carta con debuxos dos mellores momentos do curso.
A data límite desta proposta é este venres. Estou desexando velas!
lunes, 8 de junio de 2020
Matemáticas
Terminamos la semana comprando en la tienda de la esquina, que me entró algo de hambre. Abrimos el libro en la página 99 y haremos las actividades 1, 2, 3, 4, 5, 6.
Lingua galega
Para que poidamos ver o noso programa favorito na televisión, necesítase moitísimo traballo por parte dun enorme equipo de traballadores. Coñeces o papel de cada un? Descubrámolo co seguinte texto. Luces, cámara...acción!
Naturais
Vamos co repaso de ciencias da natureza! Abrimos o libro nas páxinas 74-75 e facemos os exercicios 3, 5 e 6. Coma en todos os traballos que fixemos ata o momento, podes buscar calquera información que necesites nos temas traballados durante o curso.
Sociais
Esta semana repasaremos co libro. Abrímolo na páxina 64-65 e faremos o último apartado do exercicio 1, o número 3 e o 4. Recorda que toda as respostas están nos temas que xa traballamos. Comezamos!
lunes, 1 de junio de 2020
Lingua Galega
Coñecedes Santiago de Compostela? Se non é así, este texto vaivos a convertir nuns expertos.
Lengua
Esta semana vamos a leer un cuento y a trabajar con lo aprendido en el primer trimestre. Seguro que lo hacéis genial!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Vacacións
Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán! Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...
-
Como ben sabedes, xa está rematando o curso escolar e xa estaredes cansos de tanto traballo (sobre todo co esforzo extra do último trimestr...
-
Para que poidamos ver o noso programa favorito na televisión, necesítase moitísimo traballo por parte dun enorme equipo de traballadores. Co...