jueves, 30 de abril de 2020

lunes, 27 de abril de 2020

Cápsula do tempo



Xa que estamos a vivir un momento histórico, que vos parece si facemos unha cápsula do tempo? É moi sinxelo, só temos que acceder ao arquivo e completalo. Deste xeito, dentro duns anos, poderemos recordar todo o que fixemos nestas semanas.

MOITO QUE CONTAR...

Gran idea por parte da Biblioteca "Mestre Agrelo"! Para saber máis, entrade no seu Blog.
Boas, neste tempo de confinamento estivemos pensando en diferentes propostas relacionadas coa lectura e coa escritura nas que poidades participar desde as vosas casas.
Valoramos diferentes actividades, pero non acababamos de decidirnos, ata que fai uns días, unha das nenas integrantes do equipo de biblioteca nos fixo chegar unha suxerencia.
Dicíanos que como este ano non podemos realizar a convocatoria de contos “Mestre Agrelo” que se fai no cole todos os anos, podiamos pedir que os nenos e nenas que se animen escriban igual os seus contos, os envíen, e os publiquemos no blog para que os demais os poidan ler e comentar.
A idea pareceunos fantástica. Así que ahí van as indicacións para participar nesta proposta.
-Escribir un conto breve tendo en conta a estrutura deste tipo de texto.
-O conto estará escrito en galego e pode incluír ilustracións.
-Podedes escribilo a man ou a ordenador e envialo a través dun documento de word, pdf, presentación de power point ou incluso con unha fotografía do texto que escribades.
-Se vos animades a ler o voso conto e gravarvos podedes envialo en formato vídeo.
-O alumnado de educación infantil tamén pode participar. Se é preciso a familia pode encargarse de escribir a historia que creen os nenos/as.
-A data límite é o luns 18 de Maio. Tedes tempo, pero non o deixedes para o último día!!
-O correo electrónico de contacto é bibliomestreagrelo@gmail.com

Ciencias Sociais



Nesta ocasión, repasaremos os contidos do tema 5 a través da seguinte proposta de actividades.

Lengua Castellana



Los buenos reporteros, además de escribir bien, deben tener la capacidad de describir todo lo que le rodea. Incluso a los personajes más extraños...

Matemáticas

Divide y vencerás! Seguro que habéis escuchado esta frase alguna vez, pero ahora la aplicamos de otra forma. A por ellas!


Lingua Galega

Hora das noticias! Como ben sabedes, un bo periodista debe escribir correctamente. A ver con que impactante noticia me sorprendedes.

Ciencias Naturais


Comezamos a semana cun pequeno experimento: Como é un ovo?

Diríxete á páxina 33 do teu libro de Naturais e sigue os pasos. Adiante!


Ao finalizar, podedes ler a páxina 32 para saber máis sobre este alimento tan completo.

lunes, 20 de abril de 2020

E TI...POR QUE LES?

Dende o Blog da Biblioteca "Mestre Agrelo" propóñenos a seguinte actividade:

O 23 de Abril celébrase o día do Libro. Para conmemorar esta data pensamos nalgunha actividade sinxeliña na que poidades participar desde as vosas casas.
Probablemente, nesta época de confinamento, os libros son bos aliados porque nos axudan a evadirnos da realidade na que nos atopamos e grazas a eles podemos viaxar sen movernos da casa. Pero son moitos os motivos que nos poden levar a abrir un libro. Por iso pensamos en lanzarvos a pregunta: E ti, por que les?
Para participar nesta proposta só tedes que enviarnos unha foto lendo no voso recuncho preferido ou co libro que máis vos gusta ao correo da biblio:  bibliomestreagrelo@gmail.com. No texto da mensaxe deberedes escribir un ou varios dos motivos polos que ledes.
Animádesvos? Agardamos con ansia as vosas mensaxes!

Recórdovos que á vosa dereita dispoñedes duns enlaces de interese nos que podedes acceder a varias actividades. Neste caso, a biblioteca "Mestre Agrelo" ofrécenos bastante material de lectura e actividades de interese.

Proposta Lingua Galega

Como en castelán, seguimos co repaso dos primeiros trimestres. Teño unha pequena sorpresa nestas actividades, é posible que teñades que descifrar un código secreto.


Ciencias naturais

Xa vimos o reino animal, pero este non é o único reino que existe! A continuación, imos a repasar algo dos outros reinos pero, sobre todo, imos a centrarnos no reino vexetal.

Ciencias Sociais

Agora que xa somos uns expertos en seguridade viaria, imos a ver cales son as vías de comunicación en España. Para iso, lemos as páxinas 90 e 91 do libro e realizamos as actividades 1-2-3 e 4. Moito ánimo!
                             

Matemáticas






Esta semana, entre otras cosas, vamos a hacer un cuadrado mágico. En que consiste? Como su propio nombre indica, es un cuadrado dividido en 9 partes en el que la suma de los números por columnas, filas y diagonales principales sea la misma. Ya veréis qué fácil! Además, tengo algún que otro problema en los que necesito vuestra ayuda...

Propuesta semanal de lengua castellana




                    Continuamos con el repaso!
                       
                 En este enlace os envío las nuevas actividades.

Últimas noticias

Estimadas familias, nenas e nenos:

No día de hoxe, está previsto a publicación de instrucións definitivas por parte Consellería de Educación para saber como abordar este último trimestre. Estaremos atentos para levalas a cabo o antes posible.

Mentras esperamos estas instrucións, seguiremos co mesmo método de traballo da última semana. Polo tanto, a continuación envíovos as propostas para esta semana e dareilles novas ao longo destes días.

Un abrazo!

martes, 14 de abril de 2020

Propuesta Matemáticas

Seguimos repasando los contenidos de trimestres pasados, por lo que os reto a realizar las siguientes multiplicaciones y a que me ayudéis con unos problemas...

Ciencias Sociais



Polo momento non podemos saír das nosas casas, pero debemos estar preparados para cando volvamos. Que mellor forma que facelo dunha forma segura...Melloremos a nosa seguridad vial!

Esta semana vamos a ler as páxinas 92 e 93 do libro e realizaremos as actividades 1-3-4-5 e 6. Ánimo!

Ciencias Naturais



Recordades como se clasificaban os animais?


Nun folio ou nunha cartulina, vamos a realizar un esquema de como se clasifican os animais (tanto vertebrados como invertebrados) e a debuxar un exemplo de cada un. Que ganas de ver os animais que se vos ocorran!

Propuesta semanal Lengua Castellana

Vamos a repasar contenidos del primer trimestre, 

por lo que tendremos que poner a funcionar 

nuestra memoria! Una vez activada esa memoria, pulsad aquí.


Como actividad final, vamos a elaborar un cuento en el que nosotros seamos los protagonistas. A ver qué se os ocurre!

Esta semana en Lingua Galega...

Seguimos repasando!

Imos a realizar un pequeno repaso dalgúns temas do primeiro e do segundo trimestre. Para acceder á proposta semanal só tedes que premer aquí.

A última actividade consiste en inventar e ilustrar un poema, polo que me podedes enviar fotografías e subireinas ao blog. Ánimo!

Benvidos de novo!

Ola a todos e a todas!

Toca volver dunhas máis que merecidas vacacións e espero que estedes cheos de forza para este último empurrón antes de acabar o curso!

Espero as vosas novas para saber que tal estades e para recordarvos que me podedes enviar fotografías dos vosos traballos.

Unha aperta!


Vacacións

Acabamos coa actividade do blog por vacacións de verán!  Moitísimas gracias a todas e a todos por todo o traballo que fixestes. Esto...